Desenvolvemento profesional.

Xesta é consciente de que as características do traballo están mudando, nin é para toda a vida nin as responsabilidades dun posto son previsibles a medio prazo.

As persoas debemos aprender a xestionar esta realidade: pasaremos por momentos de emprego seguidos por outros de busca de novas oportunidades laborais.
desenvolvemento glNeste novo contexto temos que enfrontarnos a cuestións como os cambios nas funcións, a necesidade de adquisición de novas competencias, a redefinición constante do saber facer profesional ou a análise permanente do para que das nosas profesións. Son os novos retos do desenvolvemento profesional actual.
Xesta axúdate a analizar, tomar decisións, crear a túa marca persoal e situarte no mercado desde o seu servizo de desenvolvemento profesional.

Ler máis